jueves, 14 de abril de 2011

realmente irreal.

Parei  a pensar  na realidade que ten a miña vida e darme conta de que esa realidade é casi inexistente dame unha sensación extraña, é coma se desafíase a lei de vida corrente. É realmente irreal, cada cousa tanto boa ou mala parece ser sacada dun libro de drama, pero realmente sería irónico pensar neso xa que moitas veces os libros reflexan cousas da propia realidade entón derradeiramente sería unha vida con moito de real. Darlle voltas a miles de cousas encántame, pensar sobre se a miña vida é con forma real ou irreal sen obter unha resposta clara en moitos casos é realmente excitante e tamén,como non, facer deses pensamentos unha parte da miña irreal,ou quizais real vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario